Remata un 2010 cargado de éxitos
Achegase o día 1 de Xaneiro, e con el o fín dun ano de éxitos para a Banda de Música Xuvenil de Barro.
A pesares da crise económica mundial, que ten unha especial repercusión na cultura, xa que como é habitual é o primeiro ámbito ao que se lle recortan os fondos cando se achegan os tempos de dificultades. Ainda así,
para a Banda Xuvenil de Barro, foi un ano de éxitos nos planos musical e deportivo, incluíndo por suposto os éxitos individuais dos nosos músicos.
Comezaba este 2010 coa boa nova de ser elixidos para participar no Prestixioso certame internacional de Bandas de Música "Ciutat de Valencia". Unha nova que axudaría á agrupación a mostrar o seu bo facer fora das nosas fronteiras, pois tratase dun certame de moita proxección internacional.
Uns meses mais tarde, anunciaba a súa participación no 3º Concurso Zonal de Pontevedra organizado pola Excma. Deputación de Pontevedra. Neste concurso recibiuse un xusto premio ao esforzo e traballo que se viña realizando, ao acadar a puntuación mais alta da sección, e por conseguinte, acadar tamén o primeiro premio. Un premio que tivo un matiz mais especial para os novos músicos que acababan de incorporarse á BXB uns meses antes.
Despois dun período de ensaios e actuacións durante o verán chegaba a ansiada hora de viaxar ata a cidade do Turia para que a BXB realizara unha fantástica actuación no "Palau de la Música", e con ela a súa participación no xa mencionado certame internacional. Esta actuación foi especial por moitos motivos, principalmente pola especial ilusión que despertou nos músicos mais novos da Banda por pasar uns dias nos que puideron visitar a cidade das artes e as ciencias, o centro histórico da cidade, o circuíto urbano de Formula 1 (que se estaba desmontando despois do GP de Valencia), ou a praia de Malvarrosa.
No mes de Setembro a Banda de Música Xuvenil de Barro organizaba como todos os anos o Festival de Bandas de Música de Barro, nesta ocasión, as bandas que compartian escenario coa agrupación anfitriona eran a Banda de Música de Vilagarcía de Arousa e a Banda de Música Municipal de Ourense. Duas bandas de música con un nivel amplamente contrastado que todos os asistentes puideron comprobar. Neste 2010 o festival contou co actor Miro Magariños como presentador, ademais incluironse novidades durante o festival. A primeira delas foi a Exposición de instrumentos e material musical que correu a cargo de Gallery Trumpets, e a outra novidade foi o sorteo de unha bicicleta e unha videoconsola "NINTENDO WII". O festival, como en anos anteriores resultou ser todo un éxito.
O seguinte reto musical á vista era o IV Certame Galego de Bandas de Música, un certame no que esta Banda xa participara na sua primeira edición acadando a primeira posición. Se ven o reto nesta ocasión semellaba mais complicado, debido ao gran nivel das demais bandas, pero tamén polo complicado de preparar un certame en tan breve periodo de tempo, xa que a BXB viña de participar noutro certame en Valencia e para esta ocasión decidiran cambiar todo o seu repertorio, un reto complicado sen dúbida algunha. Pero o reto, a pesar de difícil, non resultou imposible, pois a BXB impúxose como a Banda que acadou maior puntuación de todo o certame, nada menos que 331 puntos.
No ámbito individual o 2010 foi tamén un ano para recordar. En primeiro lugar polas posicións destacadas de dous membros da banda nun concurso que lles permitia a grabación dun CD, foron Loli García e Adrián Silva. Mais tarde Alexandre Barcala e Manuel Fariña conseguian aprobar as probas de acceso no Conservatorio Superior de Música da Coruña, e hai un mes Laura Lorenzo conseguía entrar na Orquesta Xove Sinfónica de Galicia como frauta reserva.
Pero a Banda de Música ten outra dimensión mais deportiva, o equipo de fútbol sala que participa nos campionatos de futbol sala de Bandas de Música que se organizan por toda a xeografía galega, e neste ano que remata conseguia acadar a 3ª posición nos dous campionatos nos que participou, o Campionato de Salcedo e o Campionato de Meaño. Ámbolos dous gañados polos equipos locais.
Dunha maneira resumida poderiamos decir que este 2010 foi un ano de éxitos en case todos os ámbitos, xa que como nota negativa que nos entristece profundamente está que o Concello de Barro, do cal levamos o nome alá por donde vamos decidiu de maneira unilateral non renovar o convenio de colaboración que unia ás duas entidades dende o ano 2008. Unha verdadeira lástima sen dúbida, aínda que esperamos seguir achegandonos aos veciños de Barro.