Galician English Spanish

Asociación

 

A  Asociación Cultura e Xuventude de Barro constitúese o 07/12/92, con domicilio social en Barro.
A Xunta directiva está formada na actualidade por un grupo de xente nova comprometida pola cultura tradicional das Bandas de Música deste país, e que demostran o seu compromiso e a súa sensibilidade pola promoción desta cultura.


@s soci@s son na sua maioría pais/nais d@s integrantes da Banda de Música, alumn@s da Escola de Música, e  músicos da Banda maiores de idade; eles son os que co seu traballo poñen en movemento á Banda e a Escola de Música.


Esta asociación está a desenrolar unha intensa actividade, coa programación de diferentes actividades entre os xóvenes e non tan xóvenes do Concello de Barro e de todo o territorio Galego.

XUNTA DIRECTIVA:

PRESIDENTE………..…..Miguel Escudero García

VICEPRESIDENTE………..…..Alfonso Búa Monteagudo

SECRETARIO……….......Carlos Pazos Magariños

TESORERO……………….José González Céspedes

VOGAIS:

Iván Abalo Barros

Cristina García Carballo

Laura Juncal Pájaro

Anabel Loureiro Vibel

Rebeca Romero Demuynck

Adrián Silva Magdalena

 

FINACIACIÓN DOS PROXECTOS DA ASOCIACIÓN

A financiación dos proxectos da Asociación baséase nas aportacións económicas e traballo dos socios, alumnos da Escola de Música e da Banda de Música. Puntualmente colaboran coa asociación veciños, empresarios, comerciantes e Xuntas de Montes do concello de Barro e comarca.

COLABORADORES DA ASOCIACIÓN

A  Asociación Cultura e Xuventude conta coa colaboración da Xunta de Montes da parroquia de Perdecanai para utilización do local parroquial de Suavila como lugar de impartición das clases da Escola de Música  e dos ensaios da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Empresarios, comerciantes e veciños do concello de Barro e concellos da zona, así coma o Concello de Barro, colaboran puntualmente todos os anos na organización do festival e coas publicacións da asociación. esta forte e estable colaboración vese ano tras ano incrementada pola estreita colaboración coa Banda de Música, e o éxito que colleita a organización do festival de Bandas que se Celebra en Barro cada ano no mes de Setembro.