Galician English Spanish

Curriculum

A Banda de Música Xuvenil de Barro nace en decembro do ano 1992, ó amparo dun grupo de pais e nais do Concello de Barro organizados na «Asociación Cultura e Xuventude de Barro». O fin de esta iniciativa foi nun primero momento o fomento da cultura musical no Concello de Barro, pero pronto este propósito se expande por toda a xeografía galega.

A BXB creceu rapidamente, conseguindo en tan só 22 anos una plantilla estable de 50 músicos do Concello de Barro e do resto da súa comarca. Ademais de esta iniciativa, a Asociación puxo en marcha unha escola de música, para así poder formar ós músicos e lograr un crecemento musical dos seus alumnos, e polo tanto da súa Banda de música. Gracias a esto conta na actualidade con varios músicos profesionais nas súas filas.

Entre os premios obtidos pola BXB ó largo da súa historia cabe destacar os seguintes:
Terceiro premio no certamen “Villa de Aranda del Duero” (2004), Primeiro premio e mención de Honra no I certamen galego de bandas de música (2007), Primeiro premio e mención de honra no VII certamen provincial de bandas de música de Pontevedra (2007), Segundo premio no IX certamen provincial de bandas de música de Pontevedra (2009), Primeiro premio no II festival zonal de bandas de música, zona Pontevedra (2009), Primeiro premio no III festival zonal de bandas de música, zona Pontevedra (2010), Primeiro premio no IV certamen gallego de bandas de música (2010).

Dende os seus inicios, tivo varios directores, sendo o primero D. José Bugallo Diz, sucedendoo D. José Bugallo Senra, Dña. Milagros Valiño, D. Manuel Martínez, D. Daniel Portas, D. José Varela, D. Alejandro Cimadevila, e na actualidade D. Alberto Busto Castaño, que ocupa o cargo dende Decembro de 2011.