Director
D. Alberto Xesús Busto Castaño
Comeza os seus estudios de música en 1988 con tan so 8 anos e xa entre 1996 y 1998 pertenceu a Escola de Práctica Orquestral da Orquestra Sinfónica de Galicia e entre 1998-1999 a la Escola de Altos Estudios Musicais da Real Filarmonía de Galicia.
Cursou nos conservatorios de Santiago e Vigo, conseguindo o Titulo de Superior , especialidade trompeta, no año 2007.
Asistíu a numerosos cursillos impartidos polos principais trompetistas do momento como poden ser: José Ramos Rodríguez, Hakan Handenberger, Bo Nilson, José Ortí, Benjamín Moreno, Esteban Batallan, Roberto Bodí,etc…
Asistíu a clases de trompeta con diferentes profesores, entre os que destacan: Jose Ramos Rodríguez,Javier Viceiro, Jose Vicente Simeó, John Aigi Hurn, Luis Amosa y Benjamín Moreno entre outros.
Impartiu clases de trompeta en numerosas escolas de musica municipais ,entre as que podemos destacar a escolas de Meaño, Catoira, Cuntis ou Barro, e tamen no Conserva torio Profesional de Musica de Ourense.
Dende 2007 colabora habitualmente coa Orquesta Ciudad de Granada. Tamén colabora coa Real Filharmonía de Galicia , ou Orquestra Clásica de Vigo , así como nas Bandas de Musica de Santiago, a Coruña , polas que é contratado habitualmente como trompetista.
É membro do seminario galego de direccion donde asiste a clases co mestre Jose Rafael Pascual Villaplana e o mestre Jose Fallos. Tamen dirixiu a banda do Conservatorio Profesional de Musica de Ourense, o grupo de metales da Banda de Musica de Pontevedra
Na actualidade é o Director da Escola de Música Municipal de Cuntis, trompeta solista da Banda de Musica de Pontevedra e da Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra ,compaxinandoo coa direccion da Banda Xuvenil de Barro.