Galician English Spanish

Publicación da nova web da BXB

A Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro compracese en presentar unha nova plataforma web coa finalidade de abrir unha nova ventá de apertura ao mundo.

 

Dende hai uns anos atrás o mundo xira arredor da Internet , e a Banda de Música Xuvenil de Barro non podía quedar sen a sua presencia nesta importante rede. Presencia que xa se daba dende hai anos, pero que con este cambio de apariencia e funcionalidade pretende acregarse un pouco mais á actualidade.

Tratase pois dun complemento á nova liña de actualización que esta asociación tomou recentemente, coa creación de páxinas e perfís nas principais redes sociais, Facebook e Tuenti.

 

Na actualidade, as redes sociais parece que dominan unha gran parte do espacio da internet, e ademais son un elemento moi útil para compartir información entre os seus compoñentes, por este motivo, esta web, no seu apartado BXB SPIRIT! conta con unha rede social interna para os seus membros. Coa finalidade de que a interacción entre eles sexa mais cercana e efectiva.