Galician English Spanish

A Banda Xuvenil de Barro participará na Cabalgata de Reis de Barro

O vindeiro día 6 de Xaneiro celebrarase en Barro a tradicional Cabalgata de Reis.

Neste Concello da comarca de Pontevedra celebrase todos os anos unha cabalgata de reis para despedir aos reis magos de oriente despois dunha noite de moito traballo para eles, na que farán as delicias dos mais pequenos agasallandoos con múltiples obsequios e regalos.

 

 

A Banda de Música Xuvenil de Barro, como en anteriores edicións, porá a guinda musical ao acto. Neste acto, ademais, incorporaranse á agrupación os novos compoñentes desta agrupación.