Cheo absoluto na Portela
O frautista Adrián Silva, membro da Banda de Música Xuvenil de Barro e veciño da Parroquia de Barro ofreceu hoxe ás 19:30 horas un concerto na igrexa parroquial da Portela.
Este concerto, organizado pola Asociación Cultural Barosa, contou con unha esplendida acollida, pois a Igrexa da Portela, na que se celebrou o evento quedou pequena para acoller ás arredor de 150 persoas que acudiron ao concerto.
Adrián Silva, que aos seus 26 anos conta xa con un importante currículo cheo de premios e participacións en numerosas eventos de ámbito nacional e internacional, puido mostrarlle aos seus veción a sua música.
Ao remate do concerto, todos os asistentes tiveron oportunidade de recoller un exemplar do seu primeiro traballo discográfico "Son da diáspora".
O Concerto contou coa participación do Cuarteto da Tertulia, do que adrián é membro e polo cal foi acompañado no seu concerto.