Galician English Spanish

A BXB participa no I Festival Zonal de Pontevedra

A Banda Xuvenil de Barro participará na primeira edición do Festival de Bandas de Música de Pontevedra, que se inicia o 26 de marzo, coas bandas pertencentes á zona de Pontevedra. As actuacións terán lugar a partires das 18.00 h. no Pazo da Cultura

 

, coa participación de catro bandas (tres en sección segunda e unha en sección primeira). Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección sendo unha delas obrigatoriamente de autoría ou temática galega.

 

O programa da xornada é:

SECCIÓN SEGUNDA

· Banda de Música Xuvenil de Barro. Dir: Alejandro Cimadevila Louzao. Obras: Os muíños da Barosa de Adrián SilvaCarmen Suite de G. Bizet

· Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña. Dir: Salvador Meira Corrales. Obras: Airiños Aires (Rapsodia Galega) de Gustavo Freire e Ireland: Of Legend and Lore de Robert W. Smith

· Banda de Música Artística de Bueu. Dir: Víctor Manuel López Pazos. Obras: A miña aldea de A. Leira Díaz e Visions of Flight de Robert Sheldon

SECCIÓN PRIMEIRA

Banda de Musica de Salcedo. Dir: Andrea Loss. Obras: Gallaecia de José Bugallo Senra e Highlights from Chess de  Ulvaeus & Andersson