Músicos de Barro actuan de solistas coa Banda de Pontevedra



Galician English Spanish

Músicos de Barro actuan de solistas coa Banda de Pontevedra

A Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do seu director titular, D. Juan Lois Diéguez, interpretará o vindeiro xoves día 14 de Abril, no Teatro Principal de Pontevedra, un concerto monográfico de Derek Bourgeois.

Neste concerto participarán como solistas

dous músicos da Banda de Música Xuvenil de Barro,

Martín Fontán e Jorge A. González, que interpretarán o Concerto para Saxofón e o Concerto para Percusión respectivamente.

 

 

Martín Fontán naceu en Curro e comezou a súa andaina musical na Escola de Música de Barro, ingresou na Banda Xuvenil de Barro e no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra onde acadou as máximas cualificacións. Acada a praza de saxofonista da Banda de Música de Pontevedra, e na actualidade é mestre de saxofón, música e movemento, linguaxe musical e director da Banda Infantil da Escola de música Municipal de Caldas de Reis.

Jorge A. González vive en Agudelo, ingresou na Escola de Música de Barro e na Banda Xuvenil de Barro, finalizou o grado profesional de música no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra e ingresou no CMUS Superior de Vigo, onde estuda actualmente. Acadou a praza de percusionista da Banda de Música de Pontevedra e a praza de mestre de percusión na Escola de Música Municipal de Caldas de Reis.