Novos vídeos da BXB!!!



Galician English Spanish

Novos vídeos da BXB!!!

A Federación Galega de Bandas de Música Populares ven de subir á súa canle de youtube os vídeos do IV Certame Galego

 de bandas de Música, no cal a Banda de música Xuvenil de Barro acadou o primeiro premio da segunda sección, sendo ademais a agrupación mais valorada polo xurado acadando un total de 331 puntos.

 

Esta gravación será vista

nos vindeiros meses por miles de persoas de diferentes países, polo que podemos anunciar que a música feita en Barro xa se escoita no mundo enteiro.

 

A Banda de Música Xuvenil de Barro é unha agrupación nova, formada no ano 1992 gracias ao apoio dun grupo de pais e nais do concello de Barro que loitaron para que os seus fillos puideran aprender dun xeito diferente, que puideran aprender música. Hoxe en día aquel soño é unha realidade, xa que a Asociación Cultura e Xuventude de Barro conta con unha Banda de Música galardonada con numerosos premios, tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, a Escola de Música de Barro forma cada ano aos seus alumnos para que sexan partícipes dos éxitos da Banda Xuvenil de Barro, e o día de mañá poidan vivir dignamente, sendo persoas de probeito, e aprobeiten a conxunción de cultura e convivencia que ofrece a música para medrar como músicos, pero sobre todo medrar como persoas.

El Meu Iaio (pasodobre) .....................Ferrer Ferrán

Pórtico............................................Antón Alcalde

Escape from Plato´s cave...................S. Melillo