Adrián Silva triunfa como compositor



Galician English Spanish

Adrián Silva triunfa como compositor

Xa pasaron uns anos dende que a Banda de Música Xuvenil de Barro estreou no seu festival de Bandas a obra "Os Muíños da Barosa" de Adrián Silva Magdalena.

 Logo desta estrea en Barro, como non podía ser doutra maneira, a obra deste novo compositor foi interpretada por bandas profesionais e semiprofesionais, como a Banda de Música de Pontevedra e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Foi tal a sona que colleu esta obra e o seu compositor que o comité organizador do Certame Provincial de Bandas de Música elixiuna como obra obrigada para a sección segunda do Certame que se celebrará este ano no primeiro fin de semana do mes de Outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Como premio, a obra será tocada por todas as bandas participantes na devandita sección do certame, e será tocada e escoitada en toda Galicia, xa que estas bandas tocarana en multitude de concertos e festivais por toda a comunidade. Ademais, a obra será editada e distribuída gratuítamente a todas as Bandas de Música da Provincia, polo cal, a partires dese momento os Muíños da Barosa soarán por toda Galicia.

Dende a Banda de Música Xuvenil de Barro queremos agradecer públicamente a Adrián Silva, tanto esta como as demais composicións que ten feito para a Banda de Música Xuvenil de Barro e que ben seguro soarán tanto ou mais que esta sua primeira obra.