Novos profesionais "made in" BXB
Chegado o mes de Xuño os conservatorios de todo o estado afananse en preparar probas para dar cabida nos seus centros aos novos músicos que estudiarán neles. Nesta ocasión, e destacada a presencia significativa de músicos da Banda Xuvenil de Barro e alumnos da Escola de Música de Barro que tomarán parte nesas probas.
Seis novos valores da Banda Xuvenil de Barro tomarán parte neste proceso selectivo que significa presentarse á proba de acceso a un conservatorio superior, e presentanse nos conservatorios superiores galegos de Vigo e da Coruña, pero tamén noutros doutras cidades coma Oviedo, Zaragoza ou Salamanca.
Mais novos os tres músicos que, sendo alumnos da Escola de Música de Barro e músicos da Banda Xuvenil de Barro tentarán sumarse ao numeroso grupo de músicos da banda e da escola que cursan os seus estudios no CMUS "Manuel Quiroga" de Pontevedra, onde levarán a cabo os seus estudios oficiais durante os 6 cursos do grao profesional.
Os mais pequenos son aqueles que se presentan ao grao elemental, os sete músicos que van dar comezar os seus estudios de conservatorio. Rapaces e rapazas con un futuro apaixoante onde terán a oportunidade de coñecer un mais amplo abano de posibilidades que lles ofrecerá a música no seu futuro, e un futuro no que algún día poderán decidir se a música será ou non a sua profesión.
A Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro, a cal xestiona tanto a Escola de Música de Barro como a Banda Xuvenil de Barro quere desexarlle o mellor a estes 16 músicos, rapaces e rapazas que ben seguro acadarán uns resultados magníficos. Moita sorte.