Cacharela de San Pedro
A noite de San Pedro, o 28 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na procura dalgunha víctima.
Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta.
Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume.
No noso tempo esta tradición estase a perder, en favor da noite de San Xoan, a cal ten exactamente a mesma orixe e finalidade, motivo polo cal a Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro pretende recuperar a máxia desta noite con unha velada de convivencia chea de actividades e diversión.
As actividades comezarán ás 8 da tarde, con unha xornada na que os xogos tradicionais se mesturarán de forma máxica cos mais modernos videoxogos. Logo, darase comezo á cea de confraternidade, cuxo menú estará composto de empanada e churrasco, mollados en auga e refrescos. Á medianoite, como non podía ser doutra maneira a festa continuará coa tradicional cacharela puruficadora.
Esta xornada terá un custo por persoa de 3 € para músicos e socios e 5 € para os demais asistentes.
O prazo para se anotar nesta actividade rematará o vindeiro día 26 de Xuño a través do e-mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou do teléfono (606.364.153)