Músicos Superiores
É na época estival cando a Banda de Música Xuvenil de Barro ten unha maior carga de traballo, pois o traballo diario de ensaios é compatibilizado coas actacións e concertos en festas, celebracións e festivais.
Pero a pesares deste traballo intenso os músicos da Banda de Música Xuvenil de Barro seguen tendo moito que celebrar , xa que seguen sendo recoñecidos alá por onde van. No pasado mes de Xuño seis músicos "made in BXB" presentaronse ás probas de acceso aos conservatorios de grao Superior, pois ben, deses seis mozos e mozas foron cinco os que acadaron praza, situandose nun nivel ao que só acceden uns poucos privilexiados. Con todo, estes rapaces seguirán traballando duramente para poder acadar o seu soño de acadar mais pronto que tarde un contrato de traballo como músicos profesionais.
Así, Laura, Cristina, Anabel, Rocío e Oscar súmanse á longa lista de nomes da Banda de Música Xuvenil de Barro que accederon no seu día aos conservatorios de música superiores, e que agora mesmo, ou ben continuan a estudiar, ou xa poden presumir de ter acadado a sua titulación profesional que os acredita como Titulados Superiores.
A Banda de Música Xuvenil de Barro continua tamen sendo motor das novas xeracións, apoiando aos novos valores da música a triunfar e a forxar unha carreira, pois xunto a estes seis privilexiados xuntanse outros cinco rapaces que accederon este ano ao Grao elemental de Música.
Esperamos que todos os músicos que están ou pasaron pola agrupación teñan unha vida cómoda na que poidan disfrutar da música libremente, ben sexa por afeccion ou de maneira profesional.