Un novo concerto BXB
Logo, á unha e media do mediodía, comezará o concerto. Un concerto no que a BXB interpretará un concerto rico e variado, no que terán cabida obras de temática española como "Portraits of Spain" de Teo Aparicio Barberán ou como a archicoñecida "Suite da ópera Carmen", do compositor francés Geroges Bizet,obra de temática española baseada na novela do mesmo nome escrita por Prosper Mérimée.
Outros Compositores como Ferrer Ferrán, Juan Lois Diéguez, J Montes ou Pascual Veiga terán tamén o seu oco neste concerto no que a BXB deleitará a todo aquel que se achegue á carballeira de Caldas de Reis mañá Domingo ás 13:30h.