Queres aprender a tocar un instrumento?



Galician English Spanish

Queres aprender a tocar un instrumento?

O vindeiro día 1 de Setembro abrirase o prazo de matrícula na Escola de Música de Barro (EMBA), e permanecerá aberto durante todo o mes de Setembro en matrícula ordinaria. Informate no 647.769.008

A Escola de Música de Barro leva formado nos anos que leva activa a numerosos rapaces e rapazas con un notable éxito, pois un nutrido grupo de alumnos do Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga" de Pontevedra estanse a formar paralelamente na EMBA, xunto a estes hai outro grupo de xente bastante numeroso que está a cursar Estudios Superiores nos Conservatorios de Vigo e A Coruña.

Na Escola de Música de Barro traballamos para que os nosos alumnos se formen de maneira integral. Empregamos a música como medio vehícular para a formación dos nosos alumnos, sendo conscientes de que a música axuda a formar persoas.

A Escola de Música de Barro conta actualmente con un equipo docente formado por mestres titulados, e perfectamente preparados para atender das necesidades educativas de rapaces e adultos, a partires dos 6 anos de idade.