Últimas prazas na Escola de Música!!!



Galician English Spanish

Últimas prazas na Escola de Música!!!

A Dirección da Escola de Música de Barro (EMBA) ven de anunciar as últimas prazas nesta escola.

 

A Escola de música de Barro oferta cada ano prazas de todos os instrumentos presentes nunha Banda de Música, como son: frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón de varas, bombardino, tuba e percusión. Ademais doutros como piano, guitarra ou acordeón. Pero ademais a oferta inclúe grupos de Linguaxe musical, Harmonía e Análise. A EMBA conta con un eqwuipo de 12 mestres titulados para impartir cada unha das materias, o que axuda a que cada ano os nosos alumnos entren nos distintos niveis dos conservatorios, así como nar orquestas xoves de Galicia.

As últimas prazas vacantes que agora se ofertan son as seguintes:

- 1 prazas de óboe

- 1 prazas de fagot

-1 prazas de trombón de varas

- 1 praza de trompeta

- 1 praza de bombardino/tuba

- 1 praza de trompa

Se queres tocar un instrumento, ou queres que o teu fillo ou filla aprenda unha profesión con moito futuro como é a música chama sen compromiso ao teléfono da Escola: 647. 769. 008 e resolveremosche todas as dúbidas que se che plantexen.