Galician English Spanish

Novo director para a BXB

 

Logo de rematar as probas de selección de director, a Banda de Música Xuvenil de Barro anuncia que o seu novo director será D.Alberto Xesús Busto Castaño. Esta elección producese logo da renuncia ao cargo de D. Alejandro Cimadevila por motivos persoais.

Logo da sua participación nas probas de selección xunto con outros tres candidatos os membros da banda Xuvenil de Barro decidiron confirmalo como novo director da agrupación.

 

Dende a Banda de Música Xuvenil de Barro agradecemoslle de corazón a Alejandro Cimadevila o seu traballo durante estes anos, los que se levou a Banda a acadar un nivel musical altísimo, e nos que desfrutamos moito coa sua presencia entre nos, así como desexarlle o mellor na sua nova etapa.