Grabación do XIII Festival de Bandas 2011



Galician English Spanish

Grabación do XIII Festival de Bandas 2011

O pasado 25 de Setembro de 2011 a Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro organizou o XIII Festival de Bandas de Música de Barro. Esta edición contou con un numeroso público, pero para todos aqueles que non nos puideron escoitar en directo, ou ben queren ter unha copia para poder escoitarnos cando o desexen, agora poñemos á sua disposición a grabación da actuación da Banda Xuvenil de Barro neste festival realizada pola Radio Galega.

 

Premendo aquí poderá descargar a nosa actuación, onde destaca a estrea do pasodobre "García Fariña", en memoria de José Javier García Fariña 'Javino', composta por D. Adrián Silva Magdalena.