Galician English Spanish

Gran afluencia de público no Concerto das letras Galegas

O pasado domingo a Banda Xuvenil de Barro homenaxeou ás letras galegas ofrecendo un concerto de música galega nun marco natural excepcional, o Parque Natural "Ría Barosa".

As previsións meteorolóxicas non eran moi optimistas, pero finalmente a coiva non fixo acto de presencia logrando así que un numero importante de persoas se achegaran ata Barosa a ver á BXB.

 

O programa foi integramente galego, destacando a apertura de concerto coa interpretación do pasodobre "García Fariña" do compositor local Adrián Silva. Logo, un concerto magnífico onde a Banda Xuvenil de Barro interpretou un programa onde elementos tan galegos como a gaita ou a queimada fixeron aparición nalgúns momentos do concerto.