A BXB no Luar
Ao longo de toda a súa andaina na canle pública galega,“Luar” converteuse no programa musical e de humor máis visto en Galicia, que cada venres é lider de audiencia en Galicia. Ademais, nestes vinte anos en antena, “Luar” é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo. Por iso este ano non podía faltar a participación da Banda de Música Xuvenil de Barro, que tivo no 2014 un ano cheo de actividades e que levou o nome de Barro e o incansable traballo dos seus músicos por todo Galicia e pola veciña Asturias, onde este verán tivemos unha presenza destacada durante a Xira Astuariana que realizou a nosa Banda.
Esta noite polo tanto, a Banda Xuvenil de Barro será a encargada de abrir o programa mais senlleiro da nosa canle pública de televisión. Non deixedes de ver a nosa actuación, ás 10 da noite na Televisión de Galicia.