Galician English Spanish

Candidatos para dirixir a BXB

A directiva da Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro e a Banda de Música Xuvenil de Barro queren trasladar o seu agradecemento pola gran difusión que tivo a convocatoria para as probas de selección do novo director para a agrupación, froito da cal se presentaron un gran número de candidatos en dirixir a BXB.

 

Logo de valorar conxuntamente todos os os curriculums presentados, nos que apreciamos un altísimo nivel, concluímos que 3 candidatos pasarán á seguinte fase do proceso, que consistirá na realización de dous ensaios+proxecto.


Queremos agradecer a todos os candidatos que se presentaron o seu interese e desexamoslle moito éxito no seu futuro.

Os candidatos seleccionados son: Mateo Gómez Naval, Santiago Mella García e Adrián Pais Abuín, que deberán acudir a unha reunión coa Xunta directiva o vindeiro sábado día 20 de Xaneiro ás 19:30 horas na Nave da Música. Aquí poderedes ver o comunicado da Xunta Directiva con toda a información.