Candidatos para dirixir a BXB
A directiva da Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro e a Banda de Música Xuvenil de Barro queren trasladar o seu agradecemento pola gran difusión que tivo a convocatoria para as probas de selección do novo director para a agrupación, froito da cal se presentaron un gran número de candidatos en dirixir a BXB.
Probas para dirixir a BXBA Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro busca un novo director para a Banda Xuvenil de Barro. Se estás interesad@ ou sabes de alguén que poida estalo non deixes de consultar as bases para optar ao posto premento aquí. A BXB no Luar Ao longo de toda a súa andaina na canle pública galega,“Luar” converteuse no programa musical e de humor máis visto en Galicia, que cada venres é lider de audiencia en Galicia. Ademais, nestes vinte anos en antena, “Luar” é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo. Por iso este ano non podía faltar a participación da Banda de Música Xuvenil de Barro, que tivo no 2014 un ano cheo de actividades e que levou o nome de Barro e o incansable traballo dos seus músicos por todo Galicia e pola veciña Asturias, onde este verán tivemos unha presenza destacada durante a Xira Astuariana que realizou a nosa Banda. |
XVI FESTIVAL DE BANDAS DE BARROBarro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de música Municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro. O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro financiase coa colaboración de comercios, empresas locais e Comunidades de Montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se
|