II Campamento Musical BXB
É na época estival cando a Banda de música Xuvenil de Barro ten unha maior carga de actividade, debido principalmente á maior carga de ensaios e ao aumento das actuacións en festas e romarías. Por este motivo, dende a Xunta directiva da asociación Cultura e Xuventude de Barro sempre se intenta organizar actividades recreativas para os músicos, coa intención de que os músicos desta agrupación poidan vivir experiencias novas e diferentes.
Concerto das Letras Galegas 2014
Concerto de percusión
Como colofón final presentarán o producto do seu traballo e do seu esforzo en dous concertos, o primeiro dos cales se realizará no parque natural "Ría Barosa", un entorno natural único no que a percusión se mesturará coa fervenza e coa auga nun concerto que ben seguro impactará a todos os asistentes. |
A banda sonora da BXBO vindeiro concerto da Banda Xuvenil de Barro será o vindeiro domingo, día 23 de Decembro de 2012 ás 18 horas na nave da Escola Taller de Barro. será un concerto moi entrañable, pois este nadal estamos de celebración, a Banda de Música Xuvenil de Barro cumple 20 anos. 20 anos de ilusión, de compromiso, de momentos doces ... e momentos menos doces, pero no que sempre nos acompañou e sempre tivemos algo en común, a música. A primeira actuación da BXB foi o día 25 de Decembro do ano 1992, van alá 20 anos xa, 20 anos nos que algún dos integrantes nos fomos facendo maiores e outros foron nacendo, para dotar a esta agrupación de novos compoñentes que aporten alegría, paixón, ideas, e sobre todo moitas ganas de facer o que mais nos gusta a todos que é a música. E para celebrar que a agrupación cumple 20 anos e que sigue incorporando xente nova cada ano faremos un concerto de Bandas Sonoras dos anos 90, unha década na que se fundou a Banda e na que naceron a maioría dos membros da banda. Ademais, o concerto servirá de presentación dos novos músicos da BXB. Gran afluencia de público no Concerto das letras Galegas
As previsións meteorolóxicas non eran moi optimistas, pero finalmente a coiva non fixo acto de presencia logrando así que un numero importante de persoas se achegaran ata Barosa a ver á BXB.
|