Grabación do XIII Festival de Bandas 2011
O pasado 25 de Setembro de 2011 a Asociación "Cultura e Xuventude" de Barro organizou o XIII Festival de Bandas de Música de Barro. Esta edición contou con un numeroso público, pero para todos aqueles que non nos puideron escoitar en directo, ou ben queren ter unha copia para poder escoitarnos cando o desexen, agora poñemos á sua disposición a grabación da actuación da Banda Xuvenil de Barro neste festival realizada pola Radio Galega.
Premendo aquí poderá descargar a nosa actuación, onde destaca a estrea do pasodobre "García Fariña", en memoria de José Javier García Fariña 'Javino', composta por D. Adrián Silva Magdalena.
Novo director para a BXB
Logo de rematar as probas de selección de director, a Banda de Música Xuvenil de Barro anuncia que o seu novo director será D.Alberto Xesús Busto Castaño. Esta elección producese logo da renuncia ao cargo de D. Alejandro Cimadevila por motivos persoais.
Queres aprender a tocar un instrumento?
|
Últimas prazas na Escola de Música!!!
Comunións en Perdecanai
Ás 12:00 horas celebrarase a Sta. Misa na Igrexa de Perdecanai, e seguidamente a BXB ofrecerá un concerto para todos os presentes na mentras non marchan cos seus rapaces para celebrar este día tan simbólico. |